mércores, 26 de febreiro de 2014

TABOLEIRO DE PALABRAS EN GALEGO!

Dende o Equipo ocorréusenos facer este taboleiro para que todas e todos poidades compartir as palabras máis típicas dos vosos pobos e así descubrir a gran variedade de palabras que ten a nosa lingua!

Estes dous temas "Faltar a clase" e "noivo/a na túa zona" está dando moito de si! 
Palabras como "facer ghata", "copar", "fanar", "calindro/a", "mozo/a" son as palabras que entre outras estamos aprendendo do noso taboleiro!


Gracias a vosa colaboración a actividade como vemos na foto parece que vos está gustando e está resultando! Esperamos que sigades colaborando como até o de agora nas próximas actividades que temos previsto! 

venres, 21 de febreiro de 2014

GÚSTANOS O GALEGO!!

Xa están publicadas as fotografías que fixemos o día 14 de febreiro.
Botádelle un ollo son fantásticas.

                                          Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Podedes consultar e descargar as vosas fotogafías no seguinte enlace: Gústanos o galego



xoves, 20 de febreiro de 2014

Góstanos o Galego!


  O día 14 tivemos no CIFP o Fotocool de "Gústame o Galego"
Foron moitas e moitos os que deixamos constancia gráfica de que gostamos na nosa língua, de decir e de que nos digan qrt m8, préstame e chístame, café con leite...en galego


 Proximamente, enlazaremos o album de fotos da sesión desta xornada, para que as vexades e descarguedes.


EXPOSICIÓN "O GALEGO NOUTROS MUNDOS"



Entre o 31 de xaneiro e 13 de febreiro tivemos no CIFP A Xunqueira a exposición cedida polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra que baixo o título "O galego noutros mundos" achegounos ás outras realidades onde o galego está presente.
Foi unha magnífica oportunidade para decatarnos de como o galego transcende a nosa xeografía.