mércores, 28 de maio de 2014

Grafitti polas letras

O día 27 de maio contamos con Ras, un grafiteiro que coa música de García, fíxonos desfrutar da pintura en directo. Foi unha intensa media hora na que vimos todo o proceso. Aquí vos ensinamos. Fantástico!!






Corremos pola lingua no Maratonciño das letras

O día 23 de maio celebramos o noso maratonciño das letras. A pesares da choiva que ameazaba, nun momento de pausa saíu a carreiriña cara a ponte dos Tirantes para logo percorrer a xunqueira e a súa Illa. Hai que agradecer ás persoas que estiveron na organización e que foron indicando claramente por onde debía ir a ruta.
Posteriormente degustamos unhas empanadas e froita que nos cederon A Devesa e Froiz acompañados da música do Çe Orquestra. Por certo houbo uns fantásticos regalos donados polos departamentos do centro que foron sorteados durante a celebración.















mércores, 21 de maio de 2014

O Mago Paco

O pasado martes visitou o noso palco aberto O Mago Paco.
Alguén sabe como fixo o truco da laranxa?...sigo dándolle voltas e voltas...









venres, 16 de maio de 2014

Exposición sobre Díaz Castro

Como sabemos este ano o Día das Letras Galegas homenaxea ao poeta de Guitiríz (Lugo) Xosé María Díaz Castro.
No CIFP A Xunqueira participamos desta homenaxe cunha exposición sobre a súa vida e obra.



Banda Baile Asalto

Hoxe compartimos o Palco Aberto coa Banda Baile Asalto, grupo de Pontevedra...música do mundo feita no noso país!!!

Aquí tendes o enlace á súa páxina web, onde podemos volver a escoitalos:
http://www.bandabaileasalto.com/home/





A Banda Baile Asalto co equipo de son e algúns membros do ENDL do CIFP A Xunqueira


martes, 13 de maio de 2014

L´amore

O martes estivemos con Lina Pérez, actriz e directora de teatro, falando de amor.






luns, 12 de maio de 2014

Celso F. Sanmartín no noso palco aberto

Por fin!!! A chuvia deixounos estrear o palco de fóra!!!
E que mellor maneira de facelo que escoitando as historias de Celso Fernández Sanmartín?...







martes, 6 de maio de 2014

Concerto de Acordeón e Violín de Raquel e Nuria

Fantástica selección musical a que escolleron Nuria e raquel para amenizar o noso PALCO ABERTO. desde o máis clásico ao tradicional, a opinión do público foi unánime..."gustounos moitísimo" dixeron  moitos dos asistentes..."que ben tocan". Moitas grazas Nuria e Raquel pola vosa implicación neste proxecto.








Todo isto non sería posible sen o fantástico Equipo de son do CIFP A Xunqueira.