luns, 12 de maio de 2014

Celso F. Sanmartín no noso palco aberto

Por fin!!! A chuvia deixounos estrear o palco de fóra!!!
E que mellor maneira de facelo que escoitando as historias de Celso Fernández Sanmartín?...







martes, 6 de maio de 2014

Concerto de Acordeón e Violín de Raquel e Nuria

Fantástica selección musical a que escolleron Nuria e raquel para amenizar o noso PALCO ABERTO. desde o máis clásico ao tradicional, a opinión do público foi unánime..."gustounos moitísimo" dixeron  moitos dos asistentes..."que ben tocan". Moitas grazas Nuria e Raquel pola vosa implicación neste proxecto.








Todo isto non sería posible sen o fantástico Equipo de son do CIFP A Xunqueira.




martes, 29 de abril de 2014

PALCO ABERTO


Comezamos coas actividades do Palco Aberto!!!
A partir de hoxe, e durante o mes de maio poderemos gozar coa cultura galega en diferentes versións: música, teatro, poesía, máxia, graffiti,...
Esperámoste no recreo no palco!!!


mércores, 2 de abril de 2014

As nosas músicas

Variedade e calidade é o que caracteriza a musica que se fai por aquí. Por iso imos poñer aquí unha mostra representativa de distintos estilos.

                                         GRAN PURISMO: Pardeconde

                                          XENREIRA: Alalás

                                          Dios ke te Crew e Quempallou: Ninguén

                                          Ses: Tempestades de Sal

                                          Guadi Galego: eu a vin

                                          Radio Cos: na Feira
                                        
                                          The Homens: calamar

                                        

mércores, 26 de marzo de 2014

Cántamo en Galego


 “Cántamo en Galego” é un novo espazo musical radiofónico, promovido pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. Cada luns, neste espazo emitido durante o programa Pontevedra na Onda, atoparedes todas as novidades da produción musical en galego: discos, concertos, certames, festivais, eventos...

Clica no enlace:
Cántamo en galego 

RESULTADOS DO ESTUDO SOCIOLINGÜÍSTICO DO CIFP A XUNQUEIRA


No mes de Xaneiro de 2014 realizousae unha enquisa tanto a profesorado como a alumnado do CIFP A Xunqueira sobre o uso do galego. Presentamos aquí os datos obtidos de ditas enquisas, tanto de alumnado como de profesorado de profesorado.
 
Resultados do profesorado na enquisa sobre o uso do galego
Resultados do alumnado na enquisa sobre uso do galego no CIFP A Xunqueira